Publicidad:
La Coctelera

Non só cocido

Aparellos, persoas, humores e sensacións arredor da cociña

28 Mayo 2006

Feche definitivo

Pouco tempo para comer, menos para cociñar; así, como vou escribir sobre comida?

Deixo isto ata que poida volver a desfrutar da cociña. Probabelmente sexa noutro lugar…

Abur.

servido por Rodrigo 5 comentarios compártelo

6 Mayo 2006

Choupa ao xenxibre

Comenzamos con zume de laranxas da finca dos pais de María; todo un luxo. Acompañámolo cunhas torradas con confitura de xenxibre, unha cousa que descubrín hai 6 anos nun paquete que me enviaron uns amigos de EE.UU. e ao que agora estou enganchado.

Un día con tan bo comenzo tiña que seguir por ese camiño.

Puxemos rumbo á Praza de España, buscando restaurantes chineses con chineses na barra, na cociña e nas mesas, e evitando arroces tres delicias e polos agridoces. É unha boa zona onde atopar cociña chinesa para chineses.

Metímonos nun que nos recomendaron nunha perruquería. Ademáis dos típicos tallaríns (iso si, sen prebe xelatinoso e glutamático) e as empanadillas con vinagre marrón de arroz, probamos unha choupa con apio e xenxibre tan sinxela e rica que non paro de preguntarme como saberá cunha choupa de verdade. Queda apuntada para unha proba na Costa da Morte.

servido por Rodrigo 1 comentario compártelo

5 Mayo 2006

Cutre, cutre, cutre

14:30, norte de Madrid. Poucos sitios onde poder xantar. Ao final a preguiza lévanos a un centro comercial onde pensamos que vai haber variedade: italianos, estadounidenses, arrocerías, taperías, hamburgueserías…

Ao final decidímonos por unhas salchichas con chucrut e unha ensalada de pataca e pepinillos. "Polo menos poñerán unha boa selección de mostardas alemanas", pensei. Pois non, era unha moi cutre, como o chucrut, as salchicas e a ensalada.

Hoxe xurei que nunca máis voltaría comer nun centro comercial especializado en "comidas do mundo".

servido por Rodrigo 1 comentario compártelo

1 Mayo 2006

Galipedia gastronómica incompleta

Como é posible que o pemento de Padrón non teña entrada na Galipedia?

servido por Rodrigo 1 comentario compártelo

23 Abril 2006

Queixos celtas

Sempre gostei do queixo. Unha das miñas lembranzas dos sabores da infancia é a dos bocadillos de queixo castelán que ningún compañeiro de clase me pedía.

Onte puiden ver por primeira vez o capítulo da serie Quesos del mundo, en Canal Viajar. Ademáis trataba sobre Irlanda, país onde pasei 6 meses e non probei mais que o cheddar.

O locutor do programa comenta que o aire cargado de humidade, que favorece a formación do balor, e a magnífica calidade dos pastos crean condicións moi boas para a fabricación de queixos.

Eu, sinceiramente, pensei que Irlanda sería algo así como o noso país, cun par bos queixos e pouco máis. Pode que así fora tradicionalmente, pero unha nova xeración de queixerías innovou de tal xeito que agora teñen calidade e variedade; tanta como para merecer un programa enteiro dunha seria adicada aos queixos.

Coa situación actual do sector leiteiro, pregúntome a que esperamos para botarnos a andar. No agro galego viviriase mellor e o resto teriamos máis variedade para escoller. Para cando o primeiro queixo azul galego?

servido por Rodrigo 1 comentario compártelo

19 Abril 2006

José Andrés nos deixa a medio comer

A miña irmá pregunta onde teño a miña máquina de facer pasta. Non sei, probablemente nunha caixa, enterrada debaixo de moitas outras caixas en Alhaurín el Grande (a vila de Tejero, para máis referencias).

A pregunta viña a que Jose Andrés estaba preparando tortellini ou ravioli.Cando baixei a botar unha ollada atopeime co "Continuará...". Como? que non me vai dicir hoxe como sigue co prato?? mal, moi mal. Pero de que clase de cociñeiro estamos a falar que nos deixa a medio comer? pareceume como ir comer a casa dun amigo e que cando chega o segundo prato dinos amablemente que voltemos ao día seguinte.

Esta é a forma que ten de fidelizar audiencia?

servido por Rodrigo sin comentarios compártelo

14 Abril 2006

Bacallau ao pil pil pola Segunda República

Que mellor ocasión para preparar este mítico prato vasco que o 75º aniversario da II República, aquela que case nos recoñece como nación (ou algo parecido).

servido por Rodrigo sin comentarios compártelo

12 Abril 2006

Festa do Congro de Muxía

Algúns dín que o congro so sirve para facer caldos, que ten moita espiña e so podemos aproveitar a zona perto da cabeza.

Secadoiro de congro en Muxía

O venres é a Festa do Congro en Muxía. Na vila teñén o derradeiro secadoiro do peixe que queda no país. Disque o mandan todo para Catalunya... habería que seguirlles a pista para asegurarnos de que non estamos a perder algo que paga a pena coñecer.

Por se acaso, alí estaremos o venres. E de paso, unha visita á viñoteca de Lorena a escoitar boa música en vivo.

servido por Rodrigo sin comentarios compártelo


Sobre mí

Avatar de Rodrigo

Non só cocido

Oleiros ou Corcubión,A Coruña, España
ver perfil »
contacto »
Vivo en Berridos do Sur e traballo en No lo entiendo.

 

Fotos

Rodrigo Varela Tabuyo todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera