Publicidad:
La Coctelera

Non só cocido

Aparellos, persoas, humores e sensacións arredor da cociña

Categoría: Receitas

7 Marzo 2006

¿Tumbet mallorquí ou deitado galego?

O venres pasado fixen unha pequena cea. Non tiña moi claro que facer, pero sabía que quería algo lixeiro. Lembrei o tumbet mallorquín, pero non tiña a receita a man.

Improvisei e non quedou nada mal; pero para non deshonrar a este prato mallorquín, voulle chamar "deitado galego". Gostou bastante e quedei en publicar a receita. Aí vai.

1 berenxena cortada en rodas grosas
2 patacas de bo tamaño en rodas grosas.
1 1/2 cebola en rodas grosas.
1 pemento vermello en tiras.
Tomates, cebola, cenoria, sal, azucre e aceite para facer un mollo de tomate.

Salgamos a verdurda e dispoñemos por capas nunha fonte de forno as patacas, a berenxena, a cebola e mailo pemento. Engadimos un par de culleradas de aceite de oliva. Tapamos con papel de aluminio e deixamos no forno 30-40 minutos co lume por abaixo. As patacas deberían dourarse lixeiramente.

Mentras tanto, facemos o tomate fritido (podemos utilizar unha boa marca, se somos preguiceiros).

Sacamos do forno e botamos o tomate fritido por enriba. Deixamos repousar ata que estea morno e dámoslle a volta nunha prata.

Espero que os cociñeiros mallorquíns non se ofendan por esta "interpretación" do tumbet.

Que aproveite quen eu me sei ;-)

servido por Rodrigo 1 comentario compártelo

10 Enero 2006

Gazpacho de inverno para Sao Mai

En xuño do ano pasado a Sao Mai non lle convencía a miña proposta dun gazpacho de leituga. Foi no verán, así que decidín esperar ata o inverno e chegasen as laranxas para adicarlle esta receita:

-ceboleta
-miolo de pan
-auga
-aceite, vinagre e sal
-Pan reseso cortado en anacos pequenos.
-Leituga
-Laranxas

Esmagar ben nun morteiro o miolo de pan con algo de auga. Engadir sal e vinagre. Debe quedar fino e máis líquido que un salmorejo.

Engadimos auga a esta mestura, según gostemos e rectificamos de sal e vinagre.

Engadimos moitas laranxas en anacos pequeños e leituga moi picada.

Regamos cun bo chorro de bo aceite e remexemos.

Collemos o mellor pan de figo que poidamos atopar e ¡a comer!

Sinxelo, rústico pero moi sabedeiro. Lástima que sexa difícil atopar boas laranxas para facelo.

servido por Rodrigo 2 comentarios compártelo

12 Octubre 2005

Tarta de améndoa, avelá e chocolate

Non son moi de doce, pero recoñezo que toleo con esta receita. A primeira vez tiven que conxelala para non comela dunha tacada. É moi sinxela, apenas mancha e leva moi pouco tempo.

Ingredientes
-Unha cunca de azucre.
-Unha cunca de améndoa moída.
-Unha cunca de avelás moídas.
-125 gr. de chocolate negro (60%, 70% ou máis contido en cacao).
-125 gr. de manteiga.
-4 ovos.

Quencemos o forno a 180ºC
Derretimos xuntos o chocolate e manteiga mesturados co azucre. Deixamos que enfríe.

Engadimos as xemas de ovo unha a unha á mestura anterior. Remexemos ben despois de engadir cada unha.

Engadimos as avelás e mailas améndoas. Remexemos.

Montamos un pouco as claras a punto de neve. Canto máis as montemos, máis esponxoso será o pastel. Para o meu gusto está mellor cando ten unha textura máis compacta.

Mesturamos as claras con todo o anterior, botamos nun molde e deixamos 35-40 minutos.

Estará feito cando pinchando cun coitelo no centro da tarta saia limpo. Que aproveite!

servido por Rodrigo 1 comentario compártelo

19 Julio 2005

Pasta fresca

Non sei porque non fago pasta máis a cotío. É sinxelo, relaxante e está riquísima.

Aí vai a receita:
-3 cuncas de fariña.
-Un par de ovos.
-2 ou tres culleradas de aceite.
-Un pouco de auga.

Como non lle teño collida as medidas, vouno facendo a ollo. Fago un volcán con fariña e no medio poño os ovos e mailo aceite.

Vou mesturando a fariña pouco a pouco ata que a mestura non admita máis, que é cando temos un bolo bastante duro, relucinte e homoxéneo.

Se nos pasamos coa cantidade de fariña (cando quedas faragullas de masa que non se pegan entre si) mollamos cun pouquiño de auga, amasamos e repetimos ata ter unha masa homoxénea.

Deixamos repousar 30 minutos. Cortamos en anacos e estiramos cada un coa máquina de pasta ou cun rolo de cociña.

Cortamos en tallaríns, raviolis, etc.

Cocemos apenas un minuto, minuto e medio.

Pensei que na cámara tiña fotos, pero non. Esta é unha boa ocasión para volver facer pasta e ilustrar a receita con algunhas fotos. Esta semana cae, seguro.

servido por Rodrigo 3 comentarios compártelo


Sobre mí

Avatar de Rodrigo

Non só cocido

Oleiros ou Corcubión,A Coruña, España
ver perfil »
contacto »
Vivo en Berridos do Sur e traballo en No lo entiendo.

 

Fotos

Rodrigo Varela Tabuyo todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera