Non só cocidoAparellos, persoas, humores e sensacións arredor da cociña2006-05-28T13:28:21+00:00
This is an Atom syndication feed. It is intended to be viewed in a news aggregator or syndicated to another site. Please visit the Atom Project for more information.
Televisión y Seriesthe-shaker: that blog/flickr/multimedia-aggregator kind of thingNon só cocidohttp://s3.amazonaws.com/lcp/cocido/myfiles/portada6565x65.jpghttp://cocido.lacoctelera.net/post/2006/05/28/feche-definitivoFeche definitivo2006-05-28T13:28:21+00:002009-02-25T18:57:25+00:00

Pouco tempo para comer, menos para cociñar; así, como vou escribir sobre comida?

Deixo isto ata que poida volver a desfrutar da cociña. Probabelmente sexa noutro lugar…

Abur.

Non só cocidohttp://s3.amazonaws.com/lcp/cocido/myfiles/portada6565x65.jpghttp://cocido.lacoctelera.net/post/2006/05/06/choupa-ao-xenxibreChoupa ao xenxibre2006-05-06T21:28:02+00:002009-02-25T18:57:25+00:00

Comenzamos con zume de laranxas da finca dos pais de María; todo un luxo. Acompañámolo cunhas torradas con confitura de xenxibre, unha cousa que descubrín hai 6 anos nun paquete que me enviaron uns amigos de EE.UU. e ao que agora estou enganchado.

Un día con tan bo comenzo tiña que seguir por ese camiño.

Puxemos rumbo á Praza de España, buscando restaurantes chineses con chineses na barra, na cociña e nas mesas, e evitando arroces tres delicias e polos agridoces. É unha boa zona onde atopar cociña chinesa para chineses.

Metímonos nun que nos recomendaron nunha perruquería. Ademáis dos típicos tallaríns (iso si, sen prebe xelatinoso e glutamático) e as empanadillas con vinagre marrón de arroz, probamos unha choupa con apio e xenxibre tan sinxela e rica que non paro de preguntarme como saberá cunha choupa de verdade. Queda apuntada para unha proba na Costa da Morte.

Non só cocidohttp://s3.amazonaws.com/lcp/cocido/myfiles/portada6565x65.jpghttp://cocido.lacoctelera.net/post/2006/05/05/cutre-cutre-cutreCutre, cutre, cutre2006-05-05T16:34:23+00:002008-12-11T09:04:08+00:00

14:30, norte de Madrid. Poucos sitios onde poder xantar. Ao final a preguiza lévanos a un centro comercial onde pensamos que vai haber variedade: italianos, estadounidenses, arrocerías, taperías, hamburgueserías…

Ao final decidímonos por unhas salchichas con chucrut e unha ensalada de pataca e pepinillos. "Polo menos poñerán unha boa selección de mostardas alemanas", pensei. Pois non, era unha moi cutre, como o chucrut, as salchicas e a ensalada.

Hoxe xurei que nunca máis voltaría comer nun centro comercial especializado en "comidas do mundo".

Non só cocidohttp://s3.amazonaws.com/lcp/cocido/myfiles/portada6565x65.jpghttp://cocido.lacoctelera.net/post/2006/05/01/galipedia-gastronomica-incompletaGalipedia gastronómica incompleta2006-05-01T23:39:54+00:002008-12-29T13:30:11+00:00

Como é posible que o pemento de Padrón non teña entrada na Galipedia?

Non só cocidohttp://s3.amazonaws.com/lcp/cocido/myfiles/portada6565x65.jpghttp://cocido.lacoctelera.net/post/2006/04/23/queixos-celtasQueixos celtas2006-04-23T21:00:25+00:002009-02-25T18:57:25+00:00

Sempre gostei do queixo. Unha das miñas lembranzas dos sabores da infancia é a dos bocadillos de queixo castelán que ningún compañeiro de clase me pedía.

Onte puiden ver por primeira vez o capítulo da serie Quesos del mundo, en Canal Viajar. Ademáis trataba sobre Irlanda, país onde pasei 6 meses e non probei mais que o cheddar.

O locutor do programa comenta que o aire cargado de humidade, que favorece a formación do balor, e a magnífica calidade dos pastos crean condicións moi boas para a fabricación de queixos.

Eu, sinceiramente, pensei que Irlanda sería algo así como o noso país, cun par bos queixos e pouco máis. Pode que así fora tradicionalmente, pero unha nova xeración de queixerías innovou de tal xeito que agora teñen calidade e variedade; tanta como para merecer un programa enteiro dunha seria adicada aos queixos.

Coa situación actual do sector leiteiro, pregúntome a que esperamos para botarnos a andar. No agro galego viviriase mellor e o resto teriamos máis variedade para escoller. Para cando o primeiro queixo azul galego?

Non só cocidohttp://s3.amazonaws.com/lcp/cocido/myfiles/portada6565x65.jpghttp://cocido.lacoctelera.net/post/2006/04/19/jose-andres-nos-deixa-medio-comerJosé Andrés nos deixa a medio comer2006-04-19T21:48:55+00:002007-11-06T06:59:13+00:00

A miña irmá pregunta onde teño a miña máquina de facer pasta. Non sei, probablemente nunha caixa, enterrada debaixo de moitas outras caixas en Alhaurín el Grande (a vila de Tejero, para máis referencias).

A pregunta viña a que Jose Andrés estaba preparando tortellini ou ravioli.Cando baixei a botar unha ollada atopeime co "Continuará...". Como? que non me vai dicir hoxe como sigue co prato?? mal, moi mal. Pero de que clase de cociñeiro estamos a falar que nos deixa a medio comer? pareceume como ir comer a casa dun amigo e que cando chega o segundo prato dinos amablemente que voltemos ao día seguinte.

Esta é a forma que ten de fidelizar audiencia?

Non só cocidohttp://s3.amazonaws.com/lcp/cocido/myfiles/portada6565x65.jpghttp://cocido.lacoctelera.net/post/2006/04/14/bacallau-ao-pil-pil-pola-ii-republicaBacallau ao pil pil pola Segunda República2006-04-14T21:38:08+00:002007-11-06T06:58:44+00:00

Que mellor ocasión para preparar este mítico prato vasco que o 75º aniversario da II República, aquela que case nos recoñece como nación (ou algo parecido).

Non só cocidohttp://s3.amazonaws.com/lcp/cocido/myfiles/portada6565x65.jpghttp://cocido.lacoctelera.net/post/2006/04/12/festa-do-congro-muxiaFesta do Congro de Muxía2006-04-12T17:21:46+00:002007-11-06T06:58:34+00:00

Algúns dín que o congro so sirve para facer caldos, que ten moita espiña e so podemos aproveitar a zona perto da cabeza.

O venres é a Festa do Congro en Muxía. Na vila teñén o derradeiro secadoiro do peixe que queda no país. Disque o mandan todo para Catalunya... habería que seguirlles a pista para asegurarnos de que non estamos a perder algo que paga a pena coñecer.

Por se acaso, alí estaremos o venres. E de paso, unha visita á viñoteca de Lorena a escoitar boa música en vivo.

Non só cocidohttp://s3.amazonaws.com/lcp/cocido/myfiles/portada6565x65.jpghttp://cocido.lacoctelera.net/post/2006/03/07/atumbet-mallorqui-ou-deitado-galego-¿Tumbet mallorquí ou deitado galego?2006-03-07T19:21:15+00:002009-02-25T18:57:26+00:00

O venres pasado fixen unha pequena cea. Non tiña moi claro que facer, pero sabía que quería algo lixeiro. Lembrei o tumbet mallorquín, pero non tiña a receita a man.

Improvisei e non quedou nada mal; pero para non deshonrar a este prato mallorquín, voulle chamar "deitado galego". Gostou bastante e quedei en publicar a receita. Aí vai.

1 berenxena cortada en rodas grosas

2 patacas de bo tamaño en rodas grosas.

1 1/2 cebola en rodas grosas.

1 pemento vermello en tiras.

Tomates, cebola, cenoria, sal, azucre e aceite para facer un mollo de tomate.

Salgamos a verdurda e dispoñemos por capas nunha fonte de forno as patacas, a berenxena, a cebola e mailo pemento. Engadimos un par de culleradas de aceite de oliva. Tapamos con papel de aluminio e deixamos no forno 30-40 minutos co lume por abaixo. As patacas deberían dourarse lixeiramente.

Mentras tanto, facemos o tomate fritido (podemos utilizar unha boa marca, se somos preguiceiros).

Sacamos do forno e botamos o tomate fritido por enriba. Deixamos repousar ata que estea morno e dámoslle a volta nunha prata.

Espero que os cociñeiros mallorquíns non se ofendan por esta "interpretación" do tumbet.

Que aproveite quen eu me sei ;-)

Non só cocidohttp://s3.amazonaws.com/lcp/cocido/myfiles/portada6565x65.jpghttp://cocido.lacoctelera.net/post/2006/03/07/o-bolo-do-poteO bolo do pote2006-03-07T07:06:24+00:002007-11-06T06:54:16+00:00

Pensei que a racha de cocidos acaba co antroido, pero non. Este domingo houbo en Mazaricos a VIII Festa do bolo do pote, que é unha desculpa para encherse de novo de grelos, patacas e cachucha.

O bolo está feito de fariña de millo e caldo. Despois cada cociñeira engádelle o que lle pete (touciño, cebola, etc.) e se coce co resto do cocido.

A min pareceume un sabor moi americano, como o as tortillas de millo mexicanas ou dos tamales. Mira que hai millo no país, pero nunca asociara ese sabor tan característico con ningún prato da nosa cociña.

Falamos coa xente sobre o bolo e víanse moi concienciados de que había que recuperar estas receitas que se están botando a perder; pero facendoo unha vez ao ano non pasará de ser unha anécdota.