Meme: recuerdos de infancia
Con bastante retraso (e xa é a segunda vez) decátome de que teño un meme esperándome.
Requeixo: De cativo veraneaba nunha granxa en Vilanova de Lourenzá. Alí facían un requeixo con leite caseiro realmente exquisito. Nunca volvín comer nada parecido.
Xudías con torreznos e vinagre caseiro: na mesma granxa de Lourenzá. Xudías verdes e torreznos dos cochos da casa feitos na cociña de leña, aderezado cun vinagre caseiro moi forte pero dun sabor moi peculiar.
Arroz con bacallau: un guiso da miña avoa materna, do que eu non probaba o peixe.
De cativo, como case tódolos cativos, nos gostaba do bacallau. Non era capaz de asociar ese sabor tan carácterístico do arroz co da momia resucitada. Agora non podería vivir sen el.
Guiso de coello: os meus avós maternos non puideron ou quixeron esquencer de onde viñan. Cando marcharon para Coruña mercaron unha leira onde a miña avoa criaba coellos e pitas. Os domingos o menú era case sempre o mesmo: tortilla (ao xeito de Coristanco) e ese guiso de coello, cun denso prebe marrón, acompañado de pataquiñas novas guisadas.
Bocadillos de Queixo de Castela: a charcutería do meu avó materno tiña moito embutido do Bierzo, de onde eran eles; pero a min o que me gustaba era o queixo forte e aromático de Castela. No colexio era moi común cambiar merendas. O máis cotizado era o bocadillo de Nocilla; o menos, o meu: o cheiro xa botaba para atrás aos meus compañeiros... por sorte.
Hai moitos outros sabores que estou tentando recuperar: as caldeiradas de peixe de Baldaio, o pan de ovo de Carballo, os amorodos da casa dos meus pais, a empanada de zorza... se me preguntan por esta lista dentro duns días, seguro que algo cambiaba. Pero hoxe a miña escolma foi esta.
Que siga a cadea con
De Norte a Sur
EsPazYo
Perdida en mi habitación
Se sigues coa cadea, quita a primeira ligazón e engade a da túa bitácora ao final.

Saomai dijo
gracias polo nostalxico meme!!!!! eses bocatas de nocilla, e os de queixo de castela e a empanada de zorza!!!!! co que me gusta cando está ben feitiña!!!
Que ben que xa todos ides reglesando á blogosfera!! o mes de agosto é moi solitario na blogosfera culinaria....
23 Agosto 2005 | 11:29