Onte mentras camiñaba por Corcubión decateime de porque me gostan tanto os pobos: o cheiro a comida caseira das rúas cando chega a hora do xantar.

Cada vez que ven o aire cargado de arrecendos a caldeirada, peixe a prancha, empanada ou callos sei que nalgures nese momento hai alguén que o están a facer tremendamente feliz. E é un pracer compartir esa felicidade, aínda que sexa dun xeito anónimo.