Mañá inauguramos
Decidimos que fose os martes. Tódolas semanas teremos unha cea, na que me tomarei a tarde con calma para cociñar.
Precisaba unha escusa para poñer en práctica as técnicas do libro Cocina. Levo demasiados anos facendo rancho exótico e xa vai sendo hora de que comence coas técnicas básicas e me deixe de caralladas.
Mañá vou asar un polo recheo. Xa o fixen moitas veces, pero sempre enchendo coa farsa o buraco do polo. Shaun Hill dinos no libro que a farsa tarda demasiado en facerse, polo que o polo queda seco. Recomenda rechealo por debaixo da pel ou facelo aparte no forno.
P.D. :-) Acaba de entrar Marcos pola porta co meu regalo de cumpreanos: El Practicón.

Anónimo dijo
Vaya... alguien se me adelantó
17 Enero 2006 | 09:18 AM