Non gosto do protocolo cando é innecesario. Entendo que con xente descoñecida establece acenos, expresións e comportamentos de referencia que fan máis sinxela a relación; cos amigos non o preciso.
Unha das normas básicas na mesa é non comas coas mans!!. Esto aquí, en Occidente. Tan civilizadiños somos que pinchamos e cortamos a nosa comida con garfo e coitelo. Imáxinate que es un delicado toro de robaliza e veste atacado por armas tan feras. A min estes xeitos parécenme máis de brutos.
Eduardo diría que comendo coas mans estás a aloumiñar a comida; son da súa opinión. Ademáis, como cociñeiro a mellor louvanza que podo ter na mesa é ver como a xente bota a man aos anacos difíciles, á procura das derradeiras faragullas, as máis difíciles pero sabedeiras, aloumiñando a cea que con tanto gusto lles preparei.

Porque no sabe igual... no es lo mismo el sabor aséptico del acero en los labios que la piel. ¿Cómo va a ser lo mismo un cous-cous, por ejemplo, con las manos que con cuchara? Al principio te sientes extraño pero luego... luego se disfruta el doble.
Estou contigo. Na miña casa nunca decimos eso de non comas coas mans porque eu son o primeiro que o fai. Lembro de neno que na casa dos meus pais o peixe fritido comíase sempre coas mans, pequenos e maiores, cousa que continúo facendo na miña casa.
Tamén de neno tiven o exemplo contrario: meu avó materno comía con garfo e coitelo ata a empanada. Supoño que estaba farto de comer coas mans durante media vida (fora canteiro e tocaballe sempre comer na obra, moitas veces lonxe da casa).